Coroa

 

Cámara: Canon EOS 50D

Obxectivo:  100 mm, 2.8 macro de Canon

Flash Canon Speedlitle 430 EX II

Trípode Manfrotto Compact MKC3-H01

Disparador remoto Canon RS-60E3

 

v. 1/200

f/11

ISO 100

Flash en Manual; 1/32

Cartulina branca.

 

O líquido, neste caso granadina, sae dunha sinxela bolsa de plástico cun buratiño que vai amarrada cunha pinza da roupa a una pequeña escaleira de tres pasos. As gotas caen nun prato de vidro transparente.

Trátase, polo tanto, dun apaño bastante rudimentario. Para min o ideal sería ter un goteiro con regulador de saída dos que se empregan para o suero nos hospitais pero neste caso non disponía doutro material polo que me adaptei ao que había.

De frente coloco a cartulina para que a luz do flash rebote nela.

Poño a cámara e o flash coas medicións que indico anteriormente e disparo en ráfaga.

Son multitude de disparos os que se fan e compre armarse de paciencia.

Dependendo de se queremos obter coroas ou gotas o recipiente en que cae o líquido vai ter bastante ou pouca agua. Para as coroas o mellor é ter pouquiña.

O feito de empregar granadina fixo que, ao ser un líquido espeso, as coroas que se formaron tiñan formas moi sinxelas e máis definidas que no caso da auga.

Así, nesta que nos ocupa, por exemplo, o aspecto conquerido é de frasquiño ou, cando menos, a min recórdame aos do iogur que se comercializa en vidro…
En Pothoshop traballo niveis e a curva de iluminación. Subo contraste e saturación, recorto un pouco pola zona superior,  cambio o tamaño a 1024, marco, firma e gardo para web.

 

 

“Auga para Africa”

 

 

Cámara: Canon EOS 400D

Obxectivo: Canon 100 mm, 2.8 macro

Trìpode Trípode Giottos MT 9360

Luz natural provinte dunha ventá na parte traseira da escea.

Cámara en monocromo.

V. 1/125; F.4; ISO 100

O frasquiño duns tres centímetros é una mostra de regalo das clínicas dentais que soe conter algún colutorio ou fluor.

Compoño a escea sobre un anaco de pedra pulida na que se reflexa un ceo anubrado dunha tarde de primavera.

Derramo una certa cantidade de auga e coloco enriba o recipente. Decátome de que a forma semella o mapa de Africa e de súpeto ocórreseme o título para a toma.

Como fago case sempre que tento este tipo de fotografías, disparo una media dunha ducia de fotos variando a apertura do diafragma ata conseguir a profundidade de campo que me parece a axeitada.

Con Photoshop CS5 baixo o brillo e subo o contraste, apenas toco niveis e curva de iluminación. Habitualmente as fotografías que saen da cámara xa me convencen e confórmome cun mínimo traballo de edición que se pode resumir nos pasos que veño de comentar.

A través dun análise minucioso da imaxe comprobó que podo ver dúas escenas coas que a casualidade ven de agasallarme dentro do frasquiño. Na metade superior hai una paisaxe de néboa e montaña namentras que na inferior observo craramente una praia e un faro…

Supoño que non é doado para os demáis poder contemplar o mesmo que eu observo nesta fotografía; se consigo transmitir alguna sensación ou sentimento quedaría enormemente satisfeita e doume por ben pagada se tedes a ben observala e adicarlle uns segundos.

 

 

 

“Do Interior”

 

 

 

 

Cámara: Canon EOS 400D

Obxectivo: Canon 100 mm, 2.8 macro

Trìpode Trípode Giottos MT 9360

Luz natural a media tarde provinte dunha ventá pola parte dereita da escea.

Cámara en monocromo.

V. 1/80; F.2.8; ISO 100

 

Esta toma é o resultado dun reto que me propón un compañeiro logo de ver una fotografía  na que o centro de interese é una composición feita con tres cubiños de xelo e na  que observa que o acercamento a  un deles pode dar lugar a una imaxe de moito máis detalle  cun certo carácter abstracto que lle atrae moito.

Acepto o reto tentando o máximo acercamento posible para conseguir máis detalle coa mínima profundidade de campo e a máxima nitidez posible.

Saco o cubiño do conxelador e agardo un anaco ata que perde a opacidade que ven de adquirir ao contacto coa temperatura ambente.

Ao cabo duns segundos presenta una textura moi suave e brillante que semella plástico.  Véxome obrigada a cálzalo con dúas culleriñas de café  cando comprobó que se desliza suavemente pola encimera lisa da cociña na que tento facer a foto e observo un pequeño desnivel que fai que se acerque a min o que impideme facer a foto nas condicións debidas.

Logo duns cantos disparos a máxima calidade en JPG traballo a que me parece a imaxe máis axeitada con Photoshop CS5. Somentes subo o contraste e baixo o brillo e a iluminación cando me decato de que a foto non me pide máis edición.

Espero que vos guste e desfrutedes coa súa observación tanto como eu o fixen coa súa realización.

 

 

 

 

 “Windows 7”

 

 

 

 

Cámara: FUJIFILM PINEPIX S 8100 fd

V. 1/160; F. 2.8; ISO 100

Nunca descarto a función macro das cámaras compactas. Entendo as súas  limitacións PERO valoro moi positivamente os bos resultados que se poden conquerir grazas a esos escasos axustes que se nos permiten, e a comodidade que supón poder dispor dunha delas naqueles momentos e circunstancias nas que é imposible o emprego  dunha réflex, dun obxectivo macro e incluso dun trípode.

A cámara que me permitíu facer esta toma posúe as función macro e supermacro que recomendo para aquelas circunstancias nas que a oportunidade e o ollo fotográfico se poñen á par e nos dan a seguridade de poder obter imaxes concretas que aparecen de súpeto e non foron preparadas por nós.

Amén desa función supermacro que nós permite un acercamento de ata un centímetro ao obxecto a fotografar, esta cámara posúe outra na que se pode enmarcar a toma en horizontal e vertical en dúas medidas máis pequeñas que a que ofrece a pantalla LCD. Polo tanto para facer esta foto deseleccionamos o visor e ímola facer observando a escea a traverso da pantalla LCD.

Hai dúas posturas de automático, seleccionamos a segunda con estabilizador.  Pulsamos sobre o símbolo da flor (na rodiña que está a carón da pantalla), una vez para seleccionar a función macro e volvemos pulsar para obter a supermacro. No botonciño superior desa rodiña (co simboliño da papeleira) topamos con esos marcos verticais e horizontais que nos permiten un encadre máis pequeño da escena e seleccionamos o que máis se nos adapta.

No caso da fotografía que nós ocupa, una mañá chuviosa nun aula de primaria dun CEIP do interior de Galicia, comezo pulsando o botón F onde selecciono o disparo en branco e negro, logo  a función supermacro e o encadre vertical máis pequeno, achegome todo o que podo e aguanto a respiración uns segundos.  Tento aguantar o pulso e presiono o pulsador ata a metade. Comprobó que a escea está completamente enfocada e remato o disparo.

Edito con Photoshop CS5. Traballo a curva de iluminación, niveis, brillo e contraste e clono algunas manchiñas que presentaba o cristal…

Recomendo coñecer a fondo a funcionamento da nosa  compacta para poderlle sacar o máximo partido dentro das limitacións típicas destes tipo de cámaras pero que en moitas ocasións son una ferramenta imprescincible para as nosas salidas fotográficas nas que topamos esceas realmente maravillosas que coas que a natureza nos soe agasallar…

 

 

 

A CULLER

 

 

Canon EOS 50D
Canon 100 mm, 2.8 macro
Flash Canon Speedlitle 430 EXII
Trípode Trípode Giottos MT 9360

En Manual:
V. 1/160
f. 11
ISO 100
Flash; M 1/32
Disparador remoto, disparo en ráfaga.

Hecha sobre un plato transparente con un paño de cocina blanco debajo; hay una ventana en la parte trasera de la toma de donde entra la luz de mediodía. En esta ocasión no he preparado el goteo habitual (bolsa de plástico con pinza sobre soporte para platos) y he empleado el grifo del fregadero que gotea con cierta premura... He disparado en Raw.
En PS trabajo niveles, subo contraste, desaturo, cambio el tamaño a 1024, marco, firma y guardo para web.